Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 1998 Páx. 2.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para participar nun curso de formación de formadores.

Unha vez concluído o prazo de presentación de solicitudes para o curso de formación de formadores, para impartir cursos de titulacións menores náutico-pesqueiras e actividades formativas afíns, que foi convocado por Resolución do 2 de febreiro de 1998 (DOG número 29 do 12 de febreiro de 1998) e á vista do escaso número de instancias presentadas,

RESOLVO:

Artigo único.-Abrir un novo prazo adicional, para a presentación de novas solicitudes, de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1998.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación