Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do concurso aberto para a elaboración de proxecto, construcción e explotación dun aparcamento subterráneo delimitado polas rúas Puerto Rico, Baixada a Salgueira e Avenida de Madrid de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación.

2. Obxecto do contrato. Descrición: concesión administrativa de dominio público da redacción do proxecto, construcción e explotación dun aparcamento subterráneo delimitado polas rúas Puerto Rico, Baixada a Salgueira e Avenida de Madrid.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo da concesión: máximo 75 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo: 1.000 ptas./praza de garaxe/ano.

5. Garantías:

Provisional: 2.000.000 de ptas.

Definitiva: tres por cento do orzamento de execución das obras e do valor do dominio público ocupado.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: se o contratista executase por si as obras ou, se é o caso, a empresa coa que contrate a execución das obras obxecto do contrato terá que acredita-la seguinte clasificación:

Grupo A, subgrupo 1, categoría b. Grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista na cláusula XIX 2 i) do prego de condicións administrativas.

8. Presentación de ofertas: data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula XXII-2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula XXII-3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 12 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde