Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 26 de xaneiro de 1998, aprobou inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior do Cruceiro da Coruña (PERI-99), redactado polos servicios técnicos municipais.

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo praza dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do establecido no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do procedemento do outorgamento de licencias para os usos ou obras que resulten incompatibles coa orde

nación proxectada no ámbito do PERI, que se describe de seguido:

Peza de forma aproximadamente triangular, que linda:

Norte: intersección das rúas de Mallou e Cruceiro da Coruña.

Sur: liña que pasa pola fachada norte da casa número 80 da rúa do Cruceiro da Coruña e exclúe esta e mailas edificacións auxiliares, atravesa a rúa da Queimada, e continúa polas fachadas sur da casa número 11 da dita rúa e númro 6 da rúa de Mallou.

Leste: rúa de Mallou, desde o inicio desta rúa ata o número 6 (incluído).

Oeste: rúa do Cruceiro da Coruña, desde o número 80 (excluído) ata o 104 e edificación auxiliares (incluídas).

Contra o acordo da suspensión do procedemento de outorgamento de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1998.

O alcalde

Rubricado