Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 1998 pola que se fai público o outorgamento de concesións administrativas en terreos de dominio público porturario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

Resolución: 29-12-1997.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Ribadeo.

Adxudicatario: confraría de pescadores de Ribadeo.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 21-1-1998.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Porto do Son.

Adxudicatario: confraría de pescadores de Porto do Son.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 21-1-1998.

Obxecto: construcción dun centro de saúde.

Porto: Doamio.

Adxudicatario: Concello de Moaña.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 26-1-1998.

Obxecto: construcción dunha nova lonxa climatizada e informatizada.

Porto: Burela.

Adxudicatario: Armadores de Burela, S.A.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 11-2-1998.

Obxecto: construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: club náutico deportivo de Ribeira.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 12-2-1998.

Obxecto: construcción dunha nave para envase, almacenamento de provisións, tratamento de peixe e depósito de caixas.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Sociedade Cooperativa do Mar Santa Uxía Limitada.

Prazo: 27 anos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a correspondente sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo máximo de dous meses contados desde o día da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia