Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 1998 Páx. 2.419

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 30 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de postos de traballo, mediante contratación laboral de carácter temporal dedicadas á realización de traballos ocasionados de carácter selvícola e medioambiental durante 1998.

Advertidos erros na publicación do 18 de febreiro pasado da citada Orde do 30 de xaneiro de 1998, pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a cobertura de postos de traballo, mediante contratación laboral de carácter temporal, dedicados á realización de traballos ocasionais de carácter selvícola e medioambiental durante 1998, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

Na páxina 1.705, onde di: «A Coruña: 5: 2 biólogos, 2 enxeñeiros técnicos forestais e 1 veterinario», debe dicir: «A Coruña: 5: 2 biólogos, 1 enxeñeiro técnico forestal, 1 enxeñeiro de montes e 1 veterinario».