Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1998 pola que se publica a contratación da subministración de software ofimático con destino ás diferentes unidades do Concello de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

B) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: a subministración de software ofimático con destino ás diferentes unidades do Concello de Pontevedra.

B) Lugar de entrega: casa do concello.

C) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a entrega-los equipos a medida que lle sexa solicitado polo técnico informático, sen que o Concello de Pontevedra estea obrigado a compra-la totalidade das licencias relacionadas no prego de prescricións técnicas, por canto iso constitúe soamente a previsión das necesidades municipais de equipamento informático.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 3.444.040 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías.

A) Provisional: 68.881 ptas.

B) Definitiva: 137.762 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Fax: 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: trece días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula 9ª do prego.

C) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. Das 9 ás 13 horas.

D) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación ás 8.30 horas do primeiro mércores seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

A) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

B) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

C) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

D) Os de transporte e entrega da subministración.

Pontevedra, 11 de febreiro de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral