Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998 pola que se anuncia a contratación das obras de urbanización da unidade de actuación urbanística número tres, polo procedemento urxente e poxa.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e acordo da Comisión de Goberno, do 13 de febreiro de 1998, anúnciase por procedemento urxente e poxa as obras da unidade de actuación urbanística número tres, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a urbanización da unidade de actuación urbanística número tres Laracha.

2. Duración do contrato: dous meses.

3. Tipo de licitación: 7.554.026 ptas. IVE incluído.

4. Pagamento: custos de urbanización de propietarios, ingresados en contas non orzamentarias en metálico.

5. Pregos: rexerá o prego de cláusulas administrativas xerais para poxa co procedemento aberto (BOP número 224, do 28-9-1995).

6. Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación.

7. Garantía definitiva: será o 4% do orzamento.

8. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP.

9. Apertura de proposicións: terá lugar no quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións, excepto se o día sinalado coincidise con sábado, domingo ou festivo, neste caso adiarase ó primeiro día hábil.

10. Modelo de proposición: Don/Dona.....veciño/a de.....con domicilio en....(en nome propio ou en representación de....) coñecedor/a da poxa tramitada para adxudicar, mediante procedemento urxente e poxa, as obras de urbanización da unidade de actuación urbanística número tres de Laracha, comprométese a efectualas no prezo de.... pesetas (en letra e número).

Laracha, 13 de febreiro de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde