Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

CÉDULA do 10 de febreiro de 1998 pola que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de axudas por incumprimento, a María Luisa Fernández Rajoy (expediente AB-07/97).

Conforme o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles por medio desta publicación a María Luisa Fernández Rajoy, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados no anexo, a resolución do procedemento de reintegro de axudas instruído por incumprimento dos requisitos esixidos para a súa concesión, de acordo co Real decreto 2225/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para a concesión de subvencións públicas, xa que, intentada a notificación por correo certificado con xustificación de recepción, esta non puido practicarse por atoparse ausente.

A cantidade que terá que reintegrar ingresarase na conta do tesouro da Xunta de Galicia nº 2091/0300/47/31100, nos prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación. Transcorridos estes, a débeda non satisfeita esixirase polo procedemento executivo de constrinximento.

A resolución que se notifica non esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Ilgga no prazo dun mes contado a partir do día da publicación da presente cédula no DOG.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1998.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

ANEXO

Expediente: AB-07/97.

Axuda: indemnización por abandono voluntario e definitivo da producción de leite.

Resolución da concesión: 22-11-1994.

Perceptora: María Luisa Fernández Rajoy.

DNI: 34.946.064.

Último enderezo coñecido: Gracia-Magdalena. Forcarei-Pontevedra.

Feitos: acollerse ó abandono voluntario e definitivo da producción de leite con data do 1-9-1994 e efectuar entregas de leite na campaña 1995/1996 de acordo coa información facilitada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e pola propia interesada.

Preceptos aplicables: artigo 15 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 17-8-1994 e artigo 78.5º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Cantidade que terá que reintegrar: 386.004 ptas.