O artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de canalización do río Tomeza, recollido no proxecto de urbanización do parque empresarial de Bertola, no termo municipal de Vilaboa, provincia de Pontevedra.
2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Provincia de Pontevedra.
* Concello de Vilaboa.
3. As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.
4. Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental