Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/28-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Bandeira 2.

-Situación: Silleda.

-Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 370 m de lonxitude, con conductor tipo

R.H.V., desde a L.M.T. Moalde-Bandeira ata o C.T. que se proxecta en Bandeira 2, concello de Silleda. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 3 de febreiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra