Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/135-2, 4826 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cernada.

-Situación: Palas de Rei.

-Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 0,137 qm., sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 25 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x25-95 Al, para mellora do servicio eléctrico en Cernada, concello de Palas de Rei.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 3 de febreiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo