Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.342

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (497/1994).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co número 497/1994, se tramita procedemento de xuízo executivo por instancia do Banco Herrero, S.A., contra Viviendas 2001, S.A., Miguel Álvarez de Toledo Saavedra, Manuel Viéitez Rodríguez e Pazo Valle Mahía, S.A., no que por resolución desta data se acordou sacar

a poxa pública, por primeira vez e termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalando para que teña lugar o acto de remate na sala de audiencias deste xulgado o vindeiro día 28 de abril de 1998, ás 10 horas, coas seguintes prevencións:

Primeiro.-Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segundo.-Os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. número 1500-17-044794, unha cantidade, cando menos, igual ó 20% do valor que sirva de tipo para os bens, facendo consta-lo número e o ano do procedemento, requisito sen o que non serán admitidos; non se aceptarán cartos en metálico ou cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer en calidade de cedérlle-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito a que se fixo referencia con anterioridade.

Para o suposto de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o día 26 de maio de 1998, ás 10 horas, para a que servirá de tipo o 75% do que se sinalou para a primeira poxa, séndolle de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para que teña lugar a terceira o día 23 de xuño de 1998, ás 10 horas, poxa que terá lugar sen suxeición a tipo, debendo consignar quen desexe tomar parte nela o 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar no seguinte día hábil, á mesma hora, agás os sábados.

Bens que se sacan á poxa e o seu valor:

1º O 12,75% indiviso da vivenda tipo D) do piso cuarto, con acceso pola porta da esquerda do relanzo da escaleira, dun edificio sen número de goberno, situado na rúa Comandante Janariz da cidade de Oviedo, que mide unha superficie útil de sesenta e cinco metros e cincuenta e oito decímetros cadrados, distribuída en varias pezas e servicios. Anexo a el está un dos rochos situados na entrecuberta e sinalado coa mesma numeración cá vivenda. Inscrita no Rexistro da Propiedade número cinco de Oviedo, no tomo 2.847, libro 2102, folio 58, predio número 10088. Valorado en 867.500 pesetas.

2º O 12,50% indiviso do predio de secaño no termo de Vilafranca do Bierzo, coñecido co nome de Los Pinos, nos sitios de Valdelouton e Valdoneje, que mide cinco hectáreas, vinteunha áreas e corenta centiáreas aproximadamente, de viña. Forma parte deste predio o seu camiño de acceso desde o antigo Camiño Real ou de Santiago, que o comunica coa estrada de Vilafranca e Cacabelos. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no libro 79, folio 94, predio número 9862. Valorado en 1.140.562 ptas.

3º O 22,5% segregado a favor de Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e o 20,31% indiviso do 77,5% restante do terreo de Vilafranca do Bierzo no sitio de Cotelo, hoxe poula, antes viña. A súa cabida aproximada é de dous mil trescentos sesenta e dous metros cadrados e a súa forma é a dun polígono irregular semellante a un L, que ten o seu acceso pola vía urbana sen nome que lle dá servicio á casa cuartel da Garda Civil. Forma parte da parcela 6 do polígono 23 de rústica. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 1082, libro 79, folio 101, predio número 9863. Valoración en 541.937 ptas.

4º O 22,5% segregado a favor de Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e o 20,31% indiviso do 77,5% restante do terreo de Vilafranca do Bierzo no sitio de Cotelo, hoxe poula, antes viña. A súa cabida é de mil oitocentos vintecinco metros cadrados e a súa forma é sensiblemente rectangular, cun lado lixeiramente curvado. Ten o seu acceso polo denominado camiño de Toledo a través dunha parte do predio matriz de forma tamén rectangular, paralelo ó camiño de Cotelo, duns dez metros de fondo e cincuenta metros de longo que se destinará a alargamento do devandito camiño de Cotelo. Forma parte da parcela 6 do polígono 23 de rústica. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 1082, libro 79, folio 103, predio número 9864. Valoración en 418.728 ptas.

5º O 22,5% segregado a favor de Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e o 20,31% indiviso do 77,5% restante do terreo de Vilafranca do Bierzo no sitio de Cotelo, hoxe poula, antes viña. A súa cabida aproximada é de dous mil catrocentos metros cadrados e a súa forma é sensiblemente trapezoidal. Ten acceso pola prolongación da vía urbana sen nome, que lle dá servicio á casa cuartel da Garda Civil, e tamén por unha vía interior do predio matriz sobre o que este predio ten servicios de paso. Forma parte da parcela 6 do polígono 23. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 1082, libro 79, folio 105, predio 9865. Valoración en 550.656 ptas.

6º O 22,5% pertencentes a Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e o 20,31% indiviso do 77,5% restante do terreo de Vilafranca do Bierzo no sitio de Cotelo, hoxe poula e viñedo. Mide trinta e oito mil catrocentos vintenove metros cadrados. Ten acceso pola estrada N-VI en dous tramos de once metros e oitenta centímetros e trinta e tres metros de lonxitude; e polo camiño de Cotelo ó longo de todo o linde norte. É parte da parcela 6 do polígono 23 de rústica. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo, tomo 1082, libro 79, folio 107, predio número 5639. Valoración en 5.143.337 ptas.

7º O 22,5% pertencente a Miguel Álvarez de Toledo Saavedra, e o 20,31% indiviso do 77,5% restante de solo urbano na vila de Vilafranca do Bierzo, no sitio de Cotelo, que forma parte do conxunto de terreos afectados polo estudio de detalle aprobado definitivamente polo concello de Vilafranca do Bierzo o trinta de maio de mil novecentos oitenta, con forma irregular alongada, semellante a un L ó revés. Ten trescentos cincuenta e catro metros cadrados de superficie. Forma parte da

parcela 6 do polígono 23 de rústica. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 1082, libro 79, folio 109, predio número 9866. Valoración en 81.222 ptas.

8º O 22,5% pertencente a Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e o 20,31% do 77,5% restante do solo urbano na vila de Vilafranca do Bierzo, no sitio de Cotelo, que forma parte do conxunto de terreos afectados polo estudio de detalle aprobado polo concello de Vilafranca do Bierzo o trinta de maio de mil novecentos oitenta, con forma trapezoidal. Ten unha cabida de corenta metros cadrados e acceso desde o aparcamento dun predio de Consuelo Saavedra Vélez. Forma parte da parcela 6 do polígono 23 de rústica. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo, no tomo 1082, libro 79, folio 111, predio número 9867. Valoración en 9.178 ptas.

9º O 22,5% pertencente a Miguel Álvarez de Toledo Saavedra e o 20,31 indiviso do 77,5% restante do solo urbano da vila de Vilafranca do Bierzo, no sitio de Cotelo, que mide seis mil seiscentos corenta e tres metros cadrados. Ten forma de polígono irregular. Forma parte da parcela 6 do polígono 23 de rústica. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 1082, libro 79, folio 113, predio número 8325. Valoración en 1.270.142 ptas.

10º O 20,31% indiviso do inmoble, terreo urbano situado na vila de Vilafranca do Bierzo, no sitio de Cotelo, ó lado dereito en dirección a Vilafranca da vía municipal de acceso á vila desde a estrada de Madrid á Coruña, que ten unha superficie de cincocentos setenta e seis metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 985, libro 70, folio 163, predio número 8630. Valoración do 20,31% indiviso: 68.729 ptas.

11º O 20,31% indiviso do inmoble terreo urbano situado na vila de Vilafranca do Bierzo, no sitio de Cotelo, ó lado dereito en dirección a Vilafranca da vía municipal de acceso á vila desde a estrada de Madrid á Coruña, que ten unha superficie de catrocentos sesenta e oito metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 985, libro 70, folio 165, predio número 8631. Valoración do 20,31% indiviso: 63.976 ptas.

12º O 50% indiviso do inmoble, local comercial situado na planta baixa do edificio ou casa en Vilafranca do Bierzo, na rúa de La Yedra ou Saavedra, sen número de policía, hoxe cinco, que ocupa por enteiro con excepción do portal, anteportal, escaleira de acceso ó piso superior, carboeira e espacio para a caldeira de calefacción do piso superior. Ocupa unha superficie de oitenta metros e trinta e sete decímetros cadrados aproximadamente. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no libro 79, folio 116, predio número 7882. Valor do 50% indiviso do inmoble: 1.205.550 ptas.

O presente edicto serve de notificación en forma para os demandados en paradoiro descoñecido.

Dado en Santiago de Compostela, vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado