Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.342

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (268/1996-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeiro Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 268/1996-10, por instancia de axentes da policía local 33 e 127, contra Germán Jiménez Manosalvas e María Teresa García Serrano, e nas súas actuacións a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Número 112/1997.

José Antonio Méndez Barrera, maxistrado, como Tribunal Unipersoal da Sección Cuarta da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, en nome de El-Rei, a seguinte sentencia:

No recurso de apelación número 4535/1997, interposto contra sentencia dictada polo X. mixto Santiago dous no xuízo de faltas número 268/1996, seguido por unha falta de agresión a axente da autoridade, no que figura como apelante María Teresa García Serrano, de nacionalidade española, con DNI 50.180.802, nacida en Madrid o día 9-10-1968, filla de J. antonio e de Mª Teresa, con domicilio en Santiago de Compostela, Rueiro de Figueiriñas número 23 e, como apelado, Joaquín Souto Iglesias, designando para efecto de notificacións o procurador López Riobóo e bataneiro Francisco Pena Turnes, Germán Jiménez Manosalvas, de nacionalidade ecuatoriana, con pasaporte nº DM29715, nacido en Otabalo-Ecuador, o día 25-8-1968, fillo de Bernardo e María, con domicilio en Madrid, Santiago Cuende número 5. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decisión que desestímase o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada o 16-1-1997 no xuízo de faltas número 268 de 1996 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e confírmase a dita resolución. Decláranse de oficio as custas do recurso.

A presente sentencia é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Líbrase ó xulgado expresado certificación desta resolución, con devolución da dilixencia que se remitiu para a súa execución.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo, na Coruña o vintetrés de decembro de mil novecentos noventa e sete».

E para que conste e lle sirva de notificación a Germán Jiménez Manosalvas, expido e asino en Santiago de Compostela, dez de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado