Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 09 de marzo de 1998 Páx. 2.319

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de febreiro de 1998 pola que se aproban as bases que rexerán o concurso público de catorce bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e se anuncia a súa convocatoria.

O artigo 1º do Decreto 346/1996, do 13 de setembro, en harmonía co artigo 27 do Estatuto de autonomía para Galicia, establece a competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a promoción e ensino da lingua galega e o fomento da investigación.

Dentro do plan de actividades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para 1998 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos concretos sobre lingüística, literatura, antropoloxía e historia galegas, no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

O seu outorgamento enmárcase dentro das funcións atribuídas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no artigo 3 do Decreto 25/1993, do 11 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro) de creación e posta en funcionamento do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, modificado polo Decreto 330/1997, do 13 de novembro (DOG nº 227, do 24 de novembro de 1997).

Na súa virtude, apróbanse as seguintes:

BASES

Primeira.-Obxecto.

O concurso ten por obxecto a adxudicación de catorce bolsas de colaboración nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e que se inclúen como anexos á pre

sente orde, nos que se detallan os requisitos específicos que deben reuni-los solicitantes.

Segunda.-Contía das bolsas.

O importe das bolsas incluirá:

-Unha asignación mensual de 122.000 pesetas, coa retención fiscal que corresponda, que será incompatible con calquera outra axuda ou actividade remunerada.

-Seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes.

Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente na partida orzamentaria 07.06.353F.480.3, por unha contía máxima total de 13.664.000 ptas., correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998, condicionado o citado gasto á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do exercicio do ano 1998, a teor do sinalado na Orde do 2 de xuño de 1986, modificada pola Orde do 18 de outubro de 1991, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Terceira.-Duración.

O período de desfrute das bolsas será ata o 31 de decembro de 1998.

A data de incorporación ó centro será dentro dos dez días seguintes ó da notificación da adxudicación. O bolseiro que non se incorpore no prazo establecido perderá os dereitos inherentes á bolsa concedida, salvo causa xustificada de atraso apreciada polo coordinador científico de Centro Ramón Piñeiro, quen llo comunicará á Presidencia da Comisión Rectora.

Por resolución da Dirección Xeral de Política Lingüística, as bolsas poderanse prorrogar anualmente, ata un máximo de tres anos, incluído o ano da concesión, á vista do traballo realizado polo bolseiro, sempre que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de prórroga, a dotación económica poderá incrementarse de acordo co índice de prezos ó consumo que se estableza para cada ano.

Cuarta.-Requisitos xerais:

a) Posuí-la nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título de licenciado.

c) Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento.

d) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

Quinta.-Solicitudes.

As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo IX, irán dirixidas ó coordinador-científico do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades e entregaranse na sede deste (estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3 - A Barcia, 15896 Santiago de Compostela), ou ben en calquera dos centros pre

vistos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG, acompañadas da documentación seguinte:

-Certificación académica persoal completa.

-Currículum vitae, acompañado de cantos documentos poidan avalalo.

-Acreditación de coñecemento da lingua galega nivel perfeccionamento.

-Fotocopia do DNI ou pasaporte.

-Declaración xurada pola que se compromete a renunciar, se fose seleccionado, á percepción doutras remuneracións, bolsas ou axudas, e tamén de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración nin institución pública como consecuencia de expediente disciplinario.

Tódolos documentos deberán ser orixinais ou copias cotexadas con eles.

Sexta.-Selección.

A selección dos candidatos será realizada por unha comisión presidida polo coordinador-científico do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades e composta por tres vocais propostos por aquel e nomeados polo director xeral de Política Lingüística. Actuará como secretario o secretario do centro.

Ademais do exame da documentación presentada, a comisión poderá convoca-los solicitantes a unha entrevista persoal.

A comisión non valorará aqueles méritos alegados polos solicitantes nas súas instancias que non estean acreditados documentalmente. O presidente da comisión proporalle ó director xeral de Política Lingüística a relación de candidatos seleccionados para o seu nomeamento.

Sétima.-Obrigas.

Os bolseiros permanecerán no Centro Ramón Piñeiro, en horario habitual de xornada de mañá ou tarde.

O incumprimento por parte do bolseiro dalgunha das condicións recollidas nas presentes bases suporá a perda da bolsa concedida e, de se-lo caso, o reintegro das cantidades xa cobradas.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa coa Xunta de Galicia.

Oitava.-A convocatoria, as súas bases e todos cantos actos administrativos se deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Novena.-Pagamento da bolsa.

O pagamento da bolsa realizarase mensualmente, logo do informe do director de investigación, sempre

que os traballos se desenvolvan con normalidade e de acordo coas bases establecidas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Política Lingüística para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO I

UNHA BOLSA PARA COLABORAR NO PROXECTO ARQUIVO GALICIA MEDIEVAL

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no proxecto do Arquivo Galicia Medieval que se está desenvolvendo no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa á que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en Filoloxía.

-Coñecemento de informática, en calidade de usuario.

-Ter experiencia investigadora en lírica románica medieval, preferentemente no ámbito galego-portugués.

ANEXO II

UNHA BOLSA PARA COLABORAR NO PROXECTO DlMENSIÓNS DA IDENTIDADE COLECTIVA EN GALICIA

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no proxecto dimensións da identidade colectiva en Galicia que se está desenvolvendo no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes.

Para solicita-la bolsa á que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en Ciencias Políticas e Administración.

-Coñecemento de informática: bases de datos e follas de cálculo.

ANEXO III

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NA CATALOGACIÓN lNFORMÁTICA DOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS DO CENTRO

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na catalogación informática dos fondos bibliográficos existentes no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas ás que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en Historia.

-Acreditar coñecementos de idiomas, preferentemente inglés.

-Coñecemento de informática, como usuario, de biblioteconomía.

-Acreditar experiencia en traballos de catalogación informática.

ANEXO IV

UNHA BOLSA PARA COLABORAR NO PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DUN SINTETIZADOR TEXTO-FALA EN GALEGO

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no proxecto de construcción dun sintetizador texto-fala en galego que se está levando a cabo no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa á que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en Filoloxía.

-Ter experiencia en traballos de fonética acústica.

ANEXO V

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NO PROXECTO DICCIONARIOS DE LITERATURA

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar nos distintos diccionarios de literatura que se están realizando no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas ás que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en filoloxía.

-Ter experiencia investigadora en temas literarios.

-Acreditar coñecemento instrumental de idiomas preferentemente inglés ou alemán.

-Coñecementos de informática, en calidade de usuario.

-Sólida formación e experiencia investigadora en teoría e críticas literarias.

ANEXO VI

UNHA BOLSA PARA COLABORAR NO PROXECTO DE INFORMES ANUAIS DE LITERATURA

Esta bolsa ten como finalidade colaborar nos informes anuais de literatura que se están realizando no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa á que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en Filoloxía.

-Ter coñecementos de literatura galega.

-Coñecementos de informática, en calidade de usuario.

ANEXO VII

TRES BOLSAS PARA COLABORAR EN PROXECTOS SOBRE TERMINOLOXÍA CIENTÍFICO-TÉCNICA

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar nos proxectos que sobre terminoloxía científico-técnica se están realizando no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-las bolsas ás que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciados en Filoloxía.

-Coñecemento de informática, particularmente procesador de textos e bases de datos.

-Valorarase ter coñecementos doutras linguas.

-Valorarase experiencia e coñecementos acreditados en terminoloxía e lexicografía.

ANEXO VIII

TRES BOLSAS PARA COLABORAR NO PROXECTO WORDNET PARA O GALEGO (GalWordNet)

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no proxecto WordNet para o galego que se vai realizar no Centro Ramón Piñeiro.

1. Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicitar dúas das bolsas ás que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta orde:

-Ser licenciado en Filoloxía.

-Ter experiencia en traballos lexicolóxicos e lexicográficos, preferentemente mediante uso de recursos computacionais.

Para optar á outra bolsa de colaboración neste proxecto, requírese:

-Ser licenciado en Informática.

-Ter experiencia na construcción e explotación de bases de datos léxicas.