Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro, solicitando autorización definitiva para a apertura e funcionamento do centro privado Concepción Arenal-Malvedo de Coles (Ourense).
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas univeristarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non univeristarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro) que o desenvolve.
Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro de educación secundaria, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.
Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas conforme o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Cuarto.-O centro de educación secundaria que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificiación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29), todo isto esto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.
Quinto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: Ourense.
Concello: Coles.
Enderezo: Malvedo, s/n.
Código do centro: 320CL01.
Denominación específica: Concepción Arenal-Mavedo.
Titular: Mª Piedad García Pérez.
Composición resultante:
A) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.
b) Centro de bacharelato: 4 unidades coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.