Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da UA 1 Paradela 5 (Teis) (expediente 4529/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 6 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 1 PERI 5 Paradela, conforme a documentación presentada por Antonio Novoa García, e redactado

polos arquitectos Javier Pena García e J. Luis Sáez Silva, e visado polo COAG con datas do 19-8-1997 e 10-12-1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do Art. 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 11 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde