Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro do 1998 pola que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras de adaptación de local e instalación de vestiarios na zona deportiva do recinto do cuartel de San Francisco.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: Ref. 1078.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto, para a contratación de obra de adaptación de local e instalación de vestiarios na zona deportiva do recinto do cuartel de San Francisco.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comenzará coa acta de comprobación de replanteo e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 3 meses.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Trámite: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 12.700.038 pesetas, IVE incluído.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 254.001 pesetas, correspondentes ó 2% do tipo de licitación.

5.2. Definitiva: 508.002 pesetas, correspondentes ó 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Entidade: área de infraestructuras, Negociado de Vías.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica e financeira e técnica e non están incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Localidade: Ourense.

9.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 4 de febreiro de 1998.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde