Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos expedientes sancionadores de pesca fluvial 97/0143 e 97/0150.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen, por infracción

administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle o director xeral de Montes e MAN da Consellería de Medio Ambiente, para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 26 de febreiro de 1998.

P.D.

Ana Mª Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: P-97/0143.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Manuel Pazos Muíño. 78.781.456. Randulfe, Santa Comba (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar mediante resolución firme que inhabilita o interesado para a obtención da licencia de pesca.

Tipificación Lei de pesca, artigo: 35.17º.

Tipificación Lei de pesca, cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.001 multa Inhab. 3 anos.

Expediente: P-97/0150.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Juan C. Moares Lado, Excavaciones Expano, S.A. 33.254.273. Cea, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Feitos denunciados: formación de entullos próximos ó río, susceptibles de seren arrastrados polas augas.

Tipificación Lei de pesca, artigo: 35.10º.

Tipificicación Lei de pesca, cualificación: grave.

Sanción proposta: 500.001 multa Inhab. 2 anos.