Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións formuladas nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 97/0009 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas de sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia da Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o consellerio de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 26 de febreiro de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-97/0009.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Ángel García Seoane. 32.421.862. Arcebispo Malvar, 22-7º B, Pontevedra.

Feitos denunciados: pescar en época de veda.

Tipificación infracción Lei de pesca, artigo: 34.8º.

Tipificación infracción Lei de pesca, cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 multa. 1 ano Inhab.

Expediente: P-97/0038.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Ramas Forestal, Maderas y Explotaciones. B-15.424.161. Suevos, Mazaricos.

Feitos denunciados: cortar ou destruír de xeito significativo a vexetación de ribeira, sen autorización.

Tipificación infracción Lei de pesca, artigo: 34.22º.

Tipificación infracción Lei de pesca, cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 multa. 854.503 indemnización.

Expediente: P-97/0067.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: Carlos López Louro. 34.899.805. Alfonso Senra, 111-3º, Ordes.

Feitos denunciados: pescar sen licencia.

Tipificación infracción Lei de pesca, artigo: 34.1º.

Tipificación infracción Lei de pesca, cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 multa. 1 ano Inhab.

Expediente: P-97/0187.

Denunciado, DNI, último enderezo coñecido: José M. Fernández Carrizo. 32.814.887. Berdillo, 6, Carballo.

Feitos denunciados: pescar sen licencia.

Tipificación infracción Lei de pesca, artigo: 34.1º.

Tipificación infracción Lei de pesca, cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 multa. 1 ano Inhab.