Visto o expediente de caducidade instruído á concesión administrativa da granxa de cultivo de rodaballo, sito en Castrelo-Cambados da que é titular Engordes Comerciales Marinos, S.A.
Resultando que con data do 13-10-1997 foi ordenada pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra a incoación do expediente de caducidade da devandita concesión por incumprimento das normas que regulan o título da concesión e por levar inactiva a granxa mariña un tempo superior a dous anos.
Resultando que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foi remitido ó interesado con data do 20-10-1997, sendo devolta a notificación polo servicio de correos.
Resultando que con data do 20-11-1997 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario do dito expediente e con data do 18-11-1997 foi exposto no taboleiro de anuncios do concello o último domicilio coñecido da sociedade Engordes Comerciales Marinos, S.A.
Resultando que con data do 9-12-1997 foi publicada no DOG a proposta de resolución referente ó expediente de caducidade da concesión administrativa sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido.
Considerando que segundo informe biolóxico da Delegación Territorial de Pontevedra do 10-7-1996 o establecemento non se encontraba en explotación, atopándose as naves en estado de semiabandono, sendo a causa de caducidade das consideradas nos artigos 56.3º e 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
Considerando que o expediente foi tramitado conforme a dereito, segundo informe emitido polo xefe do Servicio Técnico-Xurídico.
Vistas a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 297, do 12-12-1989), a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e demais disposicións de pertinente aplicación.
Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente acorda, no exercicio das súas atribucións e competencias, extingui-la concesión administrativa da granxa de cultivo de rodaballo titularidade de Engordes Comerciales Marinos, S.A., C.I.F. A-58871013, que ten as seguintes características:
Establecemento: granxa de cultivo.
Localización: Bico de Ran-Castrelo-Cambados.
Actividade: cría e engorde de rodaballo.-Superficie:
Dominio privado: 9.856 m.
Dominio público: 860 m.
Data da concesión: 29-5-1985 (DOG nº 119, do 22-6-1985).
Remate da vixencia: 29-6-1995.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 1998.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura