Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/15-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Lourenzo.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 483 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Coruxo estrada ata o C.T. que se proxecta en San Lourenzo, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 307 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra