Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Venres, 06 de marzo de 1998 Páx. 2.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/14-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderzo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. seccionamento Pazo de Xustiza.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 310 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña MUR 8.03 a altura do cruzamento das rúas Pedra do Lagarto e Conde Bugallal, rematando na liña MUR 8.03, concello de Pontevedra. Centro de seccionamento con 3 celas de liña con corte en SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra