Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.206

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1998, do tribunal V-1, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 2 de marzo de 1998 polo tribunal V-1, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a, lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 12 de decembro), acordouse:

1º Que o segundo exercicio para os aspirantes que superaron o primeiro do proceso selectivo para o acceso á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pranchador/a-lavandeiro/a, costurei

ro/a, cortador/a, pranchador/a, lavandeiro/a) do grupo V terá lugar o día 14 de marzo de 1998, ás 17 horas, no Pazo de Exposicións e Congresos de Galicia, sito na rúa San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.30 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 3 de marzo 1998.

Jaime García García

Presidente do tribunal