Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 05 de marzo de 1998 Páx. 2.206

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1998, do tribunal IV-I, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presdiencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 26 de febreiro de 1998 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sani-

tario, auxuliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, con vocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 12 de decembro),

ACORDOUSE:

Primeiro.-Que o segundo exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á/ás categoría/as 3 (auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico) do grupo IV, terá lugar o día 14 de marzo de 1998, ás 13 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, sito na rúa San Lárazo, s/n, de Santiago de Compostela.

O chamamento único para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 12.30 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán comparecer co documento nacional de identidade (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1998.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal