Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico denominado Penas da Mosa, nos concellos de Abadín e Vilalba.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico denominado Penas da Mosa nos concellos de Abadín e Vilalba solicitado pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.

Segundo.-Para efectos informativos o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo.

-Concello de Abadín.

-Concello de Vilalba.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria