Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 04 de marzo de 1998 Páx. 2.151

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 231/1998, do 16 de febreiro, sobre traspaso de medios adscritos ó Parque Móbil Ministerial do Ministerio de Economía e Facenda á Comunidade Autónoma de Galicia.

A Constitución española, no seu artigo 148.1, establece as competencias que poden asumi-las comunidades autónomas. Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, determina as competencias que asume a comunidade.

En cumprimento destas normas, producíronse ó longo destes anos diversos reais decretos sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en diversas materias. Non obstante, estas disposicións non orixinaron o traspaso do persoal conductor adscrito ó Parque Móbil Ministerial do Ministerio de Economía e Facenda que desempeñaba as súa funcións nas unidades administrativas periféricas da Administración do Estado, que si eran obxecto de traspaso.

O Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, determina as normas e o procedemento a que se axustarán os traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 23 de xaneiro de 1998, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación por parte do Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Adminitracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día trece de febreiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Apróbase o acordo da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, polo que se traspasan os medios adscritos ó Parque Móbil Ministerial do Ministerio de Economía e Facenda, que deben ser obxecto de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia, adoptado polo Pleno da dita comisión, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 1998, e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º.-En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os medios persoais e materiais, así como os créditos orzamentarios que se relacionan no referido acordo da comisión mixta, nos termos alí especificados.

Artigo 3º.-Estes traspasos serán efectivos a partir da data sinalada no acordo da comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Economía e Facenda, produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, se for o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º.-Os créditos orzamentarios que se determinen conforme a relación número 3 do anexo serán dados de baixa nos conceptos de orixe e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios traspasados á Comunidade Autónoma, unha vez que se remitan ó departamento citado, por parte da Oficina Orzamentaria do Ministerio de Economía e Facenda, os certificados de retención de crédito, para dar cumprimento ó disposto na vixente Lei de orzamentos xerais do Estado para 1998.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Madrid o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Xoán Carlos R.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da comisión mixta, celebrada o día 23 de xaneiro de 1998, se adoptou un acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia dos medios adscritos ó Parque Móbil Ministerial do Ministerio de Economía e Facenda, nos termos que a seguir se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara o traspaso.

A Constitución española, no seu artigo 148.1, establece as competencias que poden asumi-las comunidades autónomas. Pola súa parte, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, determina as competencias que asume a comunidade.

En cumprimento desas normas producíronse ó longo destes anos diversos reais decretos sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en diversas materias. Non obstante, estas disposicións non orixinaron o traspaso do persoal conductor adscrito ó Parque Móbil Ministerial do Ministerio de Economía Facenda que desempeñaba as súa funcións nas unidades administrativas periféricas da Administración do Estado, que si eran obxecto de traspaso.

A disposición transitoria cuarta do Estauto de autónomia para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, establecen as normas que regulan a forma e condicións a que se axustarán os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, así como o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias.

Sobre a base destas provisións normativas, procede realiza-lo traspaso de medios adscritos ó Parque Móbil Ministerial á Comunidade Autónoma de Galicia.

B) Bens, dereitos e obrigas da Administración do Estado que se traspasan.

1. Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia os bens, dereitos e obrigas qsue se detallan na relación adxunta número 1.

A Comunidade Autónoma de Galicia asume tódolos dereitos e obrigas que poidan recaer sobre os ditos bens.

2. No prazo dun mes desde a aprobación deste acordo, asinaranse as correspondentes actas de entrega e recepción do mobiliario, equipamento e material inventariable.

C) Persoal que se traspasa.

Os medios persoais obxecto do presente traspaso son os que se detallan na relación número 2. O dito

persoal pasará a depender da Comunidade Autónoma nos termos previstos na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican na relación citada e constan, en todo caso, nos seus expedientes de persoal.

A Subsecretaría do Ministerio de Economía e Facenda notificaralle ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa tan axiña como o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto. Así mesmo, remitiránselle ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os expedientes deste persoal, así como dos certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas por eles.

D) Valoración das cargas financeiras dos servicios traspasados.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, corresponde ós medios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, elévase a 39.726.330 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1998, que corresponde ó custo efectivo anual é a que se recolle na relación número 3.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 3 financiarase do seguinte xeito:

Transitoriamente ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o custo total financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo, polos importes que se determinen susceptibles da actualización polos mecanismos xerais previstos en cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos, serán obxecto de regularización cando se preche o exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

E) Documentación e expedientes dos medios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos medios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aprobe este acordo, e de conformidade co establecido no artigo 8 do Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro.

F) Data de efectividade dos traspasos.

O traspaso de medios obxecto do presente acordo terá efectividade a partir do día 1 de abril de 1998.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid o 23 de xaneiro de 1998. Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín. Secretarios da comisión mixta.

Relación número 3

Valoración do custo efectivo do traspaso

Sección 15.

Organismo: 202 Parque Móbil Ministerial.

Capítulo, I, Gastos de persoal.

Artigo 12: 26.943.900.

Artigo 13: 2.297.848.

Artigo 15: 4.722.276.

Artigo 16: 11.836.462.

Total capítulo I: 45.800.486.

Total custo efetivo: 45.800.486.