Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.141

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión celebrada o día 30 de decembro de 1997, aprobou con carácter definitivo o estudio de detalle da unidade de actuación número 30 do PXOU promovido por propietarios de terreos no ámbito e redactado polos arquitectos Luis María e Beatriz Vázquez Arcay, que ten por obxecto adaptar e reaxustar aliñacións e establecer rasantes nas vías definitivas no PXOU completando a rede de comunicacións coas vías interiores necesarias para darlles acceso ós edificios e ordena-los volumes.

O acordo aprobatorio poderá ser obxecto de impugnación ante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio, logo da comunicación a este concello de acordo co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992.

Culleredo, 13 de xaneiro de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde