Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COSPEITO

CONCURSO para arrendamento da xestión indirecta do servicio de cafetería no centro sociocultural xuvenil e da terceira idade de Cospeito.

En cumprimento do acordado pola Corporación en Pleno, en sesión extraordinaria do 21 de novembro

de 1997, anúnciase a convocatoria de concurso, por procedemento aberto, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato.

A adxudicación mediante arrendamento da xestión indirecta do servicio de cafetería no centro socio-cultural xuvenil e da terceira idade de Cospeito.

2. Duración do contrato.

Dous anos, prorrogables ata un máximo de cinco anos, por instancia do adxudicatario e por acordo expreso da corporación.

3. Tipo de licitación.

O arrendatario satisfará un canon anual ó concello na contía que deberá ofertas na súa proposición, cun mínimo de 120.000 ptas./ano, IVE incluído.

4. Pagamento do canon.

O arrendatario deberá ingresa-lo importe do canon que resulta da adxudicación, fraccionado en catro pagamentos, que debe ingresar na Tesourería municipal por trimestres anticipados.

5. Prego de cláusulas administrativas particulares.

O dito prego, no que se detallan as obrigas básicas do arrendatario, está á disposición dos interesados tódolos días hábiles nas oficinas municipiais, das 9 ás 14 horas.

6. Garantía provisional.

A garantía provisional para participar no concurso fíxase en 25.000 pesetas, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares.

Durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación desta anuncio no Diario Oficial de Galicia. A licitación suspenderase no caso de se presentaren reclamacións, mentres estas non sexan resoltas.

8. Garantía definitiva.

A garantía definitiva fíxase en cantidade igual ó importe dun trimestre do canon que debe satisface-lo arrendatario, cun mínimo de 50.000 pesetas, que se constituirá en calquera das formas previstas no artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Documentación e presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro de Licitacións, nas oficinas municipais, das 9 ás 14 horas, durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

As proposicións constarán de dous sobres pechados.

O sobre A, coa proposición económica, e o sobre B, coa documentación esixida, tal como se especifica na cláusula XIII do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do undécimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición.

As proposicións económicas formularanse conforme o seguinte modelo:

D/Dna... con domicilio en... concello de...CP... e DNI nº... expedido en... con data do... En nome propio (ou en representación de... o que acredita con...) informado do expediente de contratación ordinaria e da convocatoria para a adxudicación polo procedemento aberto por concurso, do arrendamento administrativo para a xestión indirecta do servicio de cafetería do centro sociocultural de xuventude e da tercera idade en Feira do Monte-Cospeito, anunciado no Diario Oficial de Galicia nº... con data do... e no BOP de Lugo nº... con data do..., toma parte no dito concurso, comprometéndose a xestiona-lo servicio na forma e de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares, así como a realizar pola súa conta melloras nos bens e instalacións que entregue o concello, por importe de... pesetas, segundo detalle que figura na memoria valorada que consta no sobre que contén a documentación, e a presta-lo servicio segundo se detalla tamén na correspondente memoria unida á

documentación presentada, ofrecendo un canon anual que satisfará a favor da corporación polo importe de... pesetas IVE incluído, sinalando como prazo do arrendamento o de... anos.

(Lugo, data e sinatura do propoñente)

En Cospeito, 27 de xaneiro de 1998.

Armando Castosa Alvariño

Alcalde