Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 5 de febreiro de 1998, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a apertura do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Punta Alada, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11) notifícaselle á sociedade Punta Alada, S.L. con último enderezo coñecido en Moaña, rúa Ramón Cabanillas, nº 93-1º, a apertura do expediente de caducidade instruído por incumprimento das normas que regulan o título da concesión administrativa e levar inactivo un tempo superior a dous anos, sendo isto causa de caducidade das establecidas nos artigos 56.3º e 72, apartado a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31).

O suxeito a expediente dispón dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-lo expediente na Delegación

Territorial de Pontevedra (rúa Palma nº 4-Vigo) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere oportunas.

Vigo, 5 de febreiro de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra