Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/395-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Kauman, S.A.

-Enderezo social: Bugarín-Rasela, 36860-Ponteareas.

-Denominación: central de coxeración en Bugarín-Rasela.

-Situación: Ponteareas.

-Descricións técnicas: dous grupos motoalternadores de 1.875 kVA, 380/220 V, xunto co equipo de regulación, protección e acoplamento. Equipo transformación con dous transformadores de 2.000 kVA, cada un. Almacenamento de combustible depósito de 60.000 litros. Dúas caldeiras recuperación calor.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra