Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/122-2, 4812 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

-Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

-Denominación: reelectrificación de Roás.

-Situación: Cospeito.

-Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, de 678 m, 356 m, 110 m, 258 m, 360 m e 788 m de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm Al, sobre apoios de formigon e torres metálicas. Seis centros de transformación de 50 ó 100 kVA. 20.000/380-220 V sobre torre metálica. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-95/50/25 Al, para mellora do servicio eléctrico en Muíños, Ruanova, Insua, Pino, Estrada, Fábrica, Casablanca, Carballiños e Roás, concello de Cospeito.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo