Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/120-2, 4811 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

-Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 27000 Lugo.

-Denominación: reelectrificación de Fabas-Goiriz.

-Situación: Vilalba.

-Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 53 metros, sobre apoios de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA. 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-50 Al, para mellora do servicio eléctrico en Fabas-Goiriz, concello de Vilalba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 8 de xaneiro de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo