Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 03 de marzo de 1998 Páx. 2.116

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector da carpintería e a ebanistería da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo do sector da carpintería e a ebanistería da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 6-2-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Carpintería e a Ebanistería da Coruña, e da parte social por UGT e CC.OO. o día 27-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo,

sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de febreiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, sendo as 13 horas do día 27 de xaneiro de 1998, nos locais da Asociación de Empresarios sitos en Pza. de Mina nº 1-3º Esqda. da Coruña.

Áchanse presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial da carpintería e a ebanistería da provincia da Coruña.

O motivo é darlle cumprimento ó artigo 4º do convenio colectivo provincial e á disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal no referente á revisión salarial para o ano 1998.

Acordan: incrementar tódolos conceptos económicos, con excepción da antigüidade, nun 2%, ó ser este o IPC oficial dos últimos doce meses.

Este incremento terá carácter retroactivo desde o primeiro de xaneiro de 1998; a xornada laboral para este ano, segundo convenio, é de 1.788 horas.

Nestes termos queda aprobado, por unanimidade, o incremento do convenio colectivo referido ó sector da carpintería e a ebanistería da Coruña, que se presentará por calquera das partes coas sinaturas dos compoñentes desta comisión para a súa entrega e posterior rexistro na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Empresarios da Asociación Provincial de Empresas da Carpintería e a Ebanistería da Coruña:

Cándido Hermida Campos.

Ramón Caramés Seoane.

Antonio de Castro Goyanes.

Jesús Rey Barral.

-Parte social:

Jesús María Calvo Romero (UGT).

Celestino Pérez Vázquez (UGT).

Juan Mª García Blanco (CC.OO.).

Santiago Huertas Pozorama (CC.OO).

Convenio colectivo provincial para as industrias

da carpintería e a ebanistería

Táboas salariais 1998

DíaMes

-Persoal obreiro
Encargado3.959120.420
Oficial primeira3.886118.199
Oficial segunda3.809115.857
Axudante3.730113.454
Especialista3.655111.173
Peón3.585109.044

-Técnicos
E. proxectista122.774
Perito120.116
ATS120.116
Delineante115.553
Auxiliar analista113.125

-Persoal subalterno
Ordenanza108.705
Garda e vixilante108.705

-Persoal administrativo
Xefe de primeira122.774
Xefe de segunda120.116
Oficial de primeira120.116
Oficial de segunda115.553
Auxiliar113.125

-Aprendices
Aprendices e menores de 18 anos1.594

Plus de asistencia194

Plus de transporte450