Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 26 de outubro de 1990.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos Arillo-Dorneda-Oleiros-A Coruña, resolución do recurso de alzada número 0236/1991, interposto por Soledad Patiño Otón, a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 26 de outubro de 1990, pola que no expediente Expro. 2/1990 acorda o sobresemento do expediente de expropiación da vivenda situada no polígono de Elviña 2ª fase, nº 10-2º D, na Coruña, promovido

contra Manuel Alfonso López, da que a súa parte dispositiva dí:

«Desestima-lo recurso de alzada número V-0236/1991 interposto por Soledad Patiño Otón contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 26 de outubro de 1990, pola que no expediente Expro. 2/1990 acorda o sobresemento do expediente de expropiación da vivenda situada no polígono de Elviña 2ª fase, nº 10-2º D, na Coruña, promovido contra Manuel Alfonso López; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 11 de febreiro de 1998.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda