Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 11 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 9 de abril de 1992.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos Arillo-Dorneda-Oleiros-A Coruña, resolución do recurso de alzada número 1447/1992, interposto por Manuel Alfonso López, a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 9 de abril de 1992, pola que no expediente sancionador VPC 13/1990 se acorda sancionar cunha multa de duascentas cincuenta mil pesetas e a obriga de reintegra-la suma de oitocentas dúas mil oitocentas dezaoito pesetas a Soledad Patiño Otón, por sobreprezo do aluguer da vivenda de protección oficial (VPO) sita no polígono de Elviña 2ª fase, nº 10-2º D, na Coruña, da que a súa parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso de alzada número V-1447/1992 interposto por Manuel Alfonso López contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 9 de abril de 1992, pola que no expediente sancionador VPC 13/1990, se acorda sancionar cunha multa de duascentas cincuenta mil pesetas e a obriga de reintegra-la suma de oitocentas dúas mil oitocentas dezaoito pesetas a Soledad Patiño Otón, por sobrepeso do aluguer da vivenda de protección ofi

cial (VPO) sita no polígono de Elviña 2ª fase, nº 10-2º D, na Coruña; resolución que se confirma.

O importe da sanción deberá ser ingresado na conta de Tesouro Facenda galega -conta restrinxida da CPTOP e V.-, recadación de multas e sancións número 2091-0388-3110000897 de Caixa Galicia, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación, as notificadas entre os días 1 e 14 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior».

De non cumprirse a presente resolución en tódolos seus termos, poderán ser utilizadas as multas coercitivas previstas o artigo 166 do Regulamento de vivendas de protección oficial (Decreto 2114/1968, do 24 de xullo).

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 11 de febreiro de 1998.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda