Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.079

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, do tribunal IV-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 23 (mestre gaiteiro) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 16 de febreiro de 1998 polo tribunal IV-1C, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 23 (mestre gaiteiro) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, 12-12-1996), acordouse:

1º Que o segundo exercicio para os aspirantes aprobados no primeiro exercicio do proceso selectivo para o acceso á categoría 23 (mestre gaiteiro) do grupo IV terá lugar os días 9, 10 e 11 de marzo

de 1998 á 16.30 horas, no instituto de bacharelato Arcebispo Xelmírez I, rúa Poza de Bar, s/n., sito no Campus Sur, na localidade de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16.15 horas, da seguinte maneira:

-De Bugliot Hernández, José Ramón a Freire Fernández, Óscar Manuel o día 9 de marzo de 1998.

-De Iglesias Pena, Juan José a Rilo Fraga, Juan Carlos o día 10 de marzo de 1998.

-De Romero Cajigal, Daniel a Taboada Sánchez, José María o día 11 de marzo de 1998.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos do correspondente DNI (base II.2.3). Segundo o anexo I da devandita orde de convocatoria a gaita será achegada polo aspirante.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

José Ramón Pardo Cabarcos

Presidente do tribunal