Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.060

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 57/1998, do 5 de febreiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo 2º, título II, o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos.

O artigo 12 da mencionada lei sinala que os prezos públicos serán fixados por decreto, por proposta da consellería da que dependa o órgano ou entidade ofertante.

Por outra banda hai que ter en conta que polo Decreto 16/1991 foron asumidas pola Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde.

Así mesmo o artigo 4 d) da Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, en relación á evolución

xeral dos custos previstos, así como á inclusión de novos servicios sanitarios, establece que o Servicio Galego de Saúde axustará a súa actuación ás normas e instruccións emanadas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, á que lle corresponde aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión, logo do informe da Consellería de Economía e Facenda.

Faise necesario actualizar e amplia-lo Decreto 22/1997, do 30 de xaneiro, polo que se establecen as tarifas dos servicios sanitarios prestados en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, para efectos de adecua-las tarifas ó custo económico derivado do servicio ou actividades prestadas.

Sendo, pois, necesario regula-la percepción dos prezos públicos por asistencia sanitaria prestada en centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e logo de informe da Consellería de Economía e Facenda na súa reunión do día cinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Apróbanse as tarifas dos servicios sanitarios prestados nos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde que figuran no anexo I e II do presente decreto.

2. As tarifas contidas no anexo I serán aplicables ós servicios sanitarios prestados a pacientes que non sexan beneficiarios da Seguridade Social, así como naqueles casos nos que sendo beneficiarios, exista un terceiro obrigado ó pagamento que deba asumi-lo gasto sanitario.

3. O anexo II recolle as tarifas que se aplicarán como consecuencia da asistencia sanitaria que se preste en accidentes de tráfico, naqueles casos que sexa de aplicación o convenio marco de asistencia sanitaria para o ano 1998 con institucións sanitarias públicas.

Artigo 2º

A facturación realizarase coas tarifas vixentes o día da prestación do servicio ou, se é o caso, coas do día de alta do paciente.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas normas de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do establecido no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

PREZOS DE SERVICIOS SANITARIOS PRESTADOS A PACIENTES QUE NON SEXAN BENEFICIARIOS DA SEGURIDADE SOCIAL, ASÍ COMO NAQUELES CASOS NOS QUE SENDO BENEFICIARIOS, EXISTA UN TERCEIRO OBRIGADO Ó PAGAMENTO QUE DEBA ASUMI-LO GASTO SANITARIO (en pesetas)

A. Estadías.

1. A tarifa por hospitalización en centros hospitalarios por día de estadía e cama ocupada será de50.100.

Entenderase por día de estadía e cama ocupada, para efectos de facturación, cando o paciente se atope ingresado no hospital para a atención do proceso patolóxico na hora censual (as cero horas).

2. Cando o paciente ingrese nun hospital e ocupe unha cama das salas de hospitalización pero non produza estadía segundo a interpretación do apartado 1, é dicir, sexa dado de alta antes da hora censual, facturaráselle esa prestación como media estadía por23.800.

3. A estadía en UVI, UCI ou unidades asimiladas (unidades de atención especializada, servicio de reanimación, unidade de queimados ou lesionados medulares) facturarase por108.210.

4. Por estadía en unidades de psiquiatría de agudos22.214.

5. Por estadía no hotel de pacientes10.686.

6. Na estadía están incluídas as prestacións de tódolos servicios e gastos que orixinen, excepto as próteses cirúrxicas, marcapasos e todas aquelas que sexan establecidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais como custo independente da estadía, recollidas no apartado C desta decreto como servicios especiais.

B. Asistencia ambulatoria en centros sanitarios.

1. Por primeiras consultas ambulatorias20.098.

2. Por consultas sucesivas e sesións ambulatorias poshospitalarias10.367.

3. Por intervencións cirúrxicas ambulatorias:

Cataratas122.173.

Catarata+facoemulsificación150.000.

Embolización varicocele100.000.

Dacriocistorinostomía140.000.

Estracción corpo estraño intraorbitario35.000.

Ectropion (tratamento cirúrxico)32.000.

Iridotomía antiglaucomatosa láser YAG55.000.

Trabeculectomía95.000.

Incisión quiste lacrimal25.599.

Amigdalectomías20.944.

Safenectomías104.720.

Hallux Valgus55.851.

Herniorrafía unilateral69.813.

Herniorrafía bilateral122.173.

Capsulotomía posterior con láser YAG71.540.

Fimose40.725.

4. A administración de fármacos antiinfecciosos en réxime de hospital de día, facturarase a prezo de custo.

5. Por asistencia en urxencias que se presten en institucións sanitarias24.329.

6. Por consultas sucesivas en urxencias12.165.

Nestes importes está contida a prestación de tódolos servicios e os gastos que orixinen, coas excepcións que se determinan no apartado C de servicios especiais.

Enténdese por primeira consulta ambulatoria ou de urxencias cantas actuacións sexa preciso efectuar no centro hospitalario, para a determinación diagnóstica e orientación terapéutica do proceso asistencial do paciente, estando incluídas as probas necesarias como diagnóstico, determinación do tratamento e acto cirúrxico ambulatorio cando proceda que se efectúen dentro dos 15 días seguintes.

As revisións ambulatorias poshospitalarias comprenderán as revisións ás que deban ser sometidos os pacientes hospitalizados, despois de seren dados de alta no centro hospitalario, incluíndo cantas actuacións sexa preciso realizar no centro hospitalario para coñece-la evolución clínica do paciente e mentres persista a súa relación inmediata co proceso que determina o ingreso.

Entenderanse consultas ambulatorias e de urxencias sucesivas todas e cada unha das asistencias dispensadas a partir dos 15 días da visita inicial sempre e cando se trate do mesmo proceso.

C. Tarifas por servicios especiais.

As tarifas especificadas a continuación como tarifas especiais facturaranse con independencia da que lle corresponda por consulta ou, se é o caso, estadía.

1. A solicitude de realización de probas diagnósticas que non xeren consultas ou estadías e non se atopen relacionadas entre estas tarifas especiais, facturaranse por17.454.

2. Cardioloxía.

2.1. Cardioloxía intervencionista.

Cateterismo (coronariografía)99.960.

Procedementos terapéuticos215.469.

Implantación de marcapasos:

-Marcapaso endocavitario208.381.

-Marcapaso epicárdico138.568.

-Marcapaso con implantación ambulatoria99.960.

Biopsia endomiocárdica138.568.

2.2. Cardioloxía diagnóstica.

Ecocardiograma doppler30.464.

Estudio electrofisiolóxico22.214.

Proba de esforzo29.434.

Holter16.713.

Eco transesofáxico30.464.

Eco estrés farmacolóxico35.770.

2.3. Cirurxía vascular.

Flebografía66.640.

Estudio de membros superiores e inferiores31.099.

Estudio renal31.099.

3. Radiodiagnóstico.

3.1. Neuroradioloxía diagnóstica e terapéutica.

Estudio de troncos supraórticos97.738.

-Anxiografía dixital40.619.

-Anxiografía dixital terapéutical05.566.

-Embolización cerebral576.485.

-Por arteriografía cerebral77.747.

-Por arteriografía periférica55.534.

-Por arteriografía toracoabdominal55.534.

-Por ecografía doppler-color de troncos supraórticos30.660.

3.2. Por cada exploración mediante T.A.C. scanner.

-Tanto se faga con contraste ou sen el36.494.

3.3. Por exploración mediante resonancia nuclear magnética.

-Por cada estudio simple66.852.

-Por cada estudio dobre85.045.

-Por cada estudio triple de médula, columna e abdome104.508.

-Plus de contrastel9.147.

-Plus de anestesia19.147.

3.4. Outras probas de radiodiagnóstico.

-Urografías27.820.

-Ecografías16.713.

-Densitometrías16.713.

-Biopsia de mama dirixida por arpónl9.378.

-Biopsia renal54.000.

-Placa panorámica3.500.

-Telerradiografía3.500.

-Placa lateral de cranio3.500.

-Placa periapical2.000.

-Placa oclusal2.000.

-Anxiofluoresceingrafía38.000.

-Biometría18.500.

-Campimetría12.000.

-Topografía20.000.

4. Respiratorio.

Por broncoscopia con anestesia local24.435.

5. Otorrinolaringoloxía, foniatría e logopedia.

Probas laberínticas nistagmografía25.387.

Por cada mes completo de tratamento de logopedia ou foniatría en réxime de sesión diaria30.464.

Por sesións illadas do tratamento1.799.

6. Neurofisioloxía clínica.

Por exploración electroencefalográfica12.271.

Por exploración electroencefalográfica con cuantificación (cartografía, reparto de frecuencias, comparación estatística con patróns normais, etc.)30.464.

Por exploración electroencefalográfica con cuantificación con electrodos implantados42.523.

Por exploración electroencefalográfica con privación do sono18.300.

Por exploración de potenciais evocados auditivos24.435.

Por exploración de potenciais evocados de tronco24.435.

Por exploración de potenciais evocados somestésicos24.435.

Por exploración de potenciais evocados visuaisl8.300.

Por exploración de Onda P-30024.435.

Por exploración de variación continxente negativa24.435.

Por estudio electroencefalográfico con sistema HOLTER60.823.

Por exploración electroencefalográfica ou subcorticográfica con ou sen electroencefalograma con electrodos implantados36.494.

Por electro-retinograma24.435.

Por electro-oculograma24.435.

Por audiometría obxectiva30.464.

Por nistagmograma24.435.

Por reoencefalograma7.300.

Por estudio neurofisiolóxico con estimulación magnética e/ou eléctrica transcranial30.464.

Por electromiograma cuantificado (electromiografía)24.435.

Por electromiograma fibra illada48.658.

Por estudio electromiográfico de esfínteres (electromiografía)30.464.

Por neurografía con estimulación repetitiva (electromiografía)12.271.

Por neurografía convencional (electromiografía)7.300.

Por neurografía S.N. Vexetativo18.300.

Por estudio neurofisiolóxico de movementos anormais (electromiografía)18.300.

Por polinsomniografía do sono119.140.

7. Dixestivo.

Por colanxiopancreatográfico retrógrada endoscopia90.000.

Por colanxiografía retrógrada85.151.

Por esfinterotomíal45.867.

Por extracción de corpos estraños30.464.

Por dilatacións esofáxicas (por sesión)36.494.

Por dilatación esofáxica (acalasia)60.823.

Por esclerose de varices esofáxicas (por sesión)36.494.

Por colonoscopia30.464.

Por polipectomía54.688.

Por sonda de gastrotomía endoscópica121.539.

Por colocación de drenaxes nasobiliares218.747.

Por drenaxe biliar interna218.747.

Por prótese esofáxica97.210.

Por terapia endoscópica ulcerosa48.658.

Por biopsia xexunall8.300.

Por endoscopia dixestiva alta29.434.

Por rectoscopia/anuscopia9.732.

Por papilectomía endoscópical45.866.

Por laserterapia sesión58.178.

Por laserterapia de estómago58.178.

Por laserterapia de esófago58.178.

Por laserterapia de colon58.178.

Por laparoscopia diagnóstica86.632.

Por laparostomías98.903.

Por alcoholización hepátical02.200.

Por ligadura de varices esofáxicas42.311.

Cambio catéter derivación biliar65.000.

Por implantación de endopróteses biliares90.499.

(As próteses facturaranse a prezo de custo).

Por dilatacións biliares105.829.

Por electrocoagulación bipolar alta e baixa60.764.

8. Anatomía patolóxica.

Por biopsias de anatomía patolóxica29.434.

Por biopsias de anatomía patolóxica con estudio macro e microscópico35.770.

Citoloxía vaxinal15.330.

Estudio sistema nervioso40.000.

9. Hemodiálise.

Por cada sesión en centros hospitalarios tanto a pacientes hospitalizados como en réxime ambulatorio22.484.

O prezo da sesión de hemodiálise comprende a analítica rutineira e as transfusións que se realicen por indicación médica.

Aplicarase un suplemento por dialización mediante concentradores de bicarbonato por sesión de1.270.

Analíticas de pacientes en hemodiálise (control trimestral)17.500.

Analíticas de pacientes en hemodiálise (control rutineiro)1.663.

10. Tratamento mediante rehabilitación e fisioterapia.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación en réxime de sesión diaria30.464.

Por sesións illadas do tratamento1.799.

11. Quimioterapia e radioterapia.

Por sesión de quimioterapia2.434.

Por sesión de radioterapia superficial1.799.

Por sesión de radioterapia profunda2.434.

Por laserterapia dermatolóxica (custo por paciente inclúe 6 sesións)90.000.

Se se subministraran fármacos, estes facturaríanse a prezo de custo.

12. Procedementos especiais.

No prezo que se establece por cada un destes procedementos considéranse incluídas as probas diagnósticas e terapéuticas rutineiras ou especiais que sexa preciso realizar ó paciente con anterioridade ó procedemento ó que vaia ser sometido. Honorarios médicos, anestesia, dereitos de quirófano, enfermería, estadías no hospital, medicación, material sanitario, alimentación, incluída a nutrición parenteral e enteral, e estadías na unidade de coidados intensivos que puidese precisar.

Transplante autólogo de médula ósea3.204.938.

Transplante cardíaco4.348.811.

Transplante hepático5.459.469.

Transplante renal2.542.245.

Transplante de córnea511.000.

Artroscopias84.411.

Estudio de inmunohistoquímica (ptas./anticorpo)5.607.

Amniocentese88.853.

Litotricia renal extracorpórea341.555.

13. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia, e neuropediatría48.658.

Por cada sesión deste tratamento2.434.

14. Órtese e prótese.

As órteses e próteses que sexa necesario implantar ou adaptar ó paciente, así como a súa renovación ou preparación, facturaranse ó prezo de custo.

15. Medicina nuclear.

Gammacámara dixital:

Gammagrafía de corpo enteiro57.649.

Gammagrafía pulmonar con galio43.898.

Gammagrafía suprarrenal57.649.

16. Hospitalización a domicilio.

Por atención prestada a pacientes en réxime de hospitalización a domicilio, por día13.963.

17. Copias de historias clínicas.

Por copia de historias clínicas e dos estudios incluídos nelas2.300.

18. Probas de detección de alcoholemia.

Por cada proba de detección de alcoholemia12.264.

19. Probas de detección de drogas.

-Detección benzodiazepinas en ouriños1.500.

-Detección opiáceos en ouriños1.500.

-Detección cocaína en ouriños1.500.

-Detección cannabis en ouriños1.500.

-Detección anfetaminas en ouriños1.500.

-Detección metadona en ouriños1.500.

-Detección alcohol en ouriños1.500.

-Detección barbitúricos en ouriños1.500.

D. Servicios prestados en centros de atención primaria do Servicio Galego de Saúde.

1. Tarifa básica.

Por primeira consulta6.559.

Por consultas sucesivas3.280.

2. Tarifa para consulta con probas complementarias.

Por primeira consulta8.146.

Por consultas sucesivas4.126.

3. Tarifas para consultas con coidados de enfermería.

-Primeira consulta:

Con probas9.732.

Sen probas7.828.

-Consultas sucesivas:

Con probas4.866.

Sen probas3.915.

4. Consultas de enfermería.

Consultas de enfermería1.376.

5. Consultas a domicilio.

5.a) Sen coidados de enfermería.

-Primeira consulta:

Con probas9.732.

Sen probas7.828.

-Consultas sucesivas:

Con probas4.866

Sen probas3.915.

5.b) Con coidados de enfermería.

-Primeira consulta:

Con probas11.742.

Sen probas9.415.

-Consultas sucesivas:

Con probas5.924.

Sen probas4.655.

6. Intervencións cirúrxicas ambulatorias.

Intervencións cirúrxicas ambulatorias9.732.

E. Servicios de centros psiquiátricos.

1. Por internamento completo en unidades de media e longa estadía9.944.

2. Por estadías causadas en réxime de hospital día10.367.

3. Por servicios extrahospitalarios en ambulatorios:

3.a) Primeira consulta médica8.781.

3.b) Revisións médicas4.443.

3.c) Visitas domiciliarias:

Por médico/hora5.289.

Asistencia enfermería/hora2.434.

Auxiliar psiquiátrico/hora2.222.

Quilómetro percorrido33.

F. Servicios prestados en centros de orientación familiar.

-Centros de orientación familiar:

Consulta xinecólogo:

-1ª consulta8.781.

-Consultas sucesivas4.443.

Consulta psicólogo:

-1ª consulta6.559.

-Consultas sucesivas3.280.

Consulta con intervención9.732.-Unidades de saúde buco-dental.

Consulta preventiva:

-1ª consulta6.559.

-Consultas sucesivas3.280.

Consulta con intervención9.732.

G. Transporte sanitario.

Será por conta directa do paciente. En caso de que se realice con medios propios do Servicio Galego de Saúde facturarase aplicando as tarifas que se indican.

Entenderase por servicio urbano o realizado dentro da mesma localidade e por servicio interurbano o realizado entre dúas localidades distintas, computándose a distancia desde a localidade de orixe do traslado á localidade de destino.

As tarifas por servicios interurbanos serán aplicables cando do número de quilómetros efectuados en estrada se derive un importe superior, en contraprestación do servicio, ó prezo por servicio urbano correspondente á poboación onde teña a súa base a ambulancia.

1. Ambulancias non asistidas.

l.a) Servicio interurbano por cada quilómetro de:

Transporte programado65.

Transporte non programado70.

l.b) Servicios urbanos:

-Para poboacións de máis de 200.000 habitantes:

Transporte programado1.904.

Transporte non programado2.116.-Para poboacións de ata 200.000 habitantes:

Transporte programado1.376.

Transporte non programado1.481.

1.c) O tempo de espera computarase cando se advirta ó conductor da ambulancia a necesidade do regreso do enfermo por traslados interurbanos distantes máis de 40 quilómetros aboándose a tarifa establecida a partir da 2ª hora de espera ou fraccións e ata un máximo de 3 horas, con independencia de que o servicio sexa programado ou non programado.

Tempo de espera por cada hora1.799.

2. Ambulancias asistidas.

Aplicaranse as tarifas por ambulancias asistidas cando o traslado do paciente se efectúe con persoas, médico e auxiliar, do Servicio Galego de Saúde. De non ser este o caso, a tarifa aplicable será a correspondente a ambulancias non asistidas.

2.a) Por cada servicio urbano36.494.

2.b) Por cada quilómetro de servicio interurbano223.

2.c) Por cada hora de espera4.232.

O cómputo e aboamento do tempo de espera realizarase tal e como se define no punto 1.c).

UVI-MÓBIL.

-Persoal (médico, enfermeiro e conductor) prezo por hora15.000.

-Vehículo prezo por quilómetro387.

H. Dispositivos preventivos ou de risco controlado.

Establecemento de dispositivos preventivos e asistenciais polo Servicio de Prestacións e Emerxencias Médicas, non incluíndose os gastos de vehículos de transporte sanitario:

Por cada equipo sanitario necesario no dispositivo:

-Coordinación e mobilización30.660.

-Por cada hora ou fracción de mantemento o dis positivo15.330.

ANEXO II

TARIFAS DE ASISTENCIA SANITARIA A LESIONADOS EN ACCIDENTES DE TRÁFICO NOS SUPOSTOS RECOLLIDOS NO CONVENIO MARCO DE ASISTENCIA SANITARIA DERIVADA DE ACCIDENTES DE TRÁFICO PARA 1998 CON INSTITUCIÓNS SANITARIAS PÚBLICAS CON COBERTURA DE RESPONSABILIDADE CIVIL DERIVADA DO USO E CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS DE MOTOR DE SUBSCRICIÓN OBRIGATORIA, APLICABLES NAS INSTITUCIÓNS PROPIAS OU NAS ALLEAS CONCERTADAS EN RÉXIME DE ADMINISTRACIÓN E FINANCIAMENTO DIRECTO. (En pesetas).

A. Hospitalización.

Por cada día de estadía hospitalaria quedando incluída a totalidade dos gastos asistenciais, pero

facendo excepción do transporte que se facturará, se é o caso, á parte:

Estadía37.500.

Estadía UVI ou UCI65.000.

B. Asistencia ambulatoria.

Primeira consulta/urxencias18.000.