Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 02 de marzo de 1998 Páx. 2.060

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004010/1998, interposto por Isabel Vela Sanmartín.

O 21 de xaneiro de 1998, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo recibiu da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0004010/1998, interposto por Isabel Vela Sanmartín contra resolución da Consellería de Cultura e Comunicación Social do 21-10-1997 desestimatoria de recurso ordinario contra outra do director xeral de Patrimonio Cultural do 5-3-1997.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos (mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto) na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo