Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 1998 Páx. 2.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Hotel Tryp María Pita.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo da empresa Hotel Tryp María Pita que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-2-1998, subscrito en representación

da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 30-1-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de febreiro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta única de revisión do convenio colectivo subscrito entre a empresa Tryp, S.A. e o seu establecemento Hotel María Pita

Na cidade da Coruña, a 10.30 horas do día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, reunidos, en representación da empresa Tomás Baztarrica Azagra e José Sanz Alberola; en representación dos traballadores, Juan Ramón Uña Acedo e Miguel Ángel Fernández Rubio, acordan:

De conformidade co previsto na cláusula adicional única do convenio colectivo, asinado o 5 de marzo de 1997, revisa-las táboas salariais e os seus pluses para o ano 1998, na previsión da inflación fixada polo Goberno para o citado ano, consistente no 2,1%.

ANEXO II

Hotel María Pita 1998

Artigo 9º.-Contratos formativos.

70.475 ptas.

Artigo 21º.4.-Complemento salarial de manutención.

5.160 ptas.