Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.983

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, do tribunal IV-1D, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 20: conserxe (cando teñan ó seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 16 de febreiro de 1998 polo tribunal IV-1D, designado para xulga-las probas

selectivas para o acceso á categoría 20: conserxe (cando teñan ó seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12), acordouse:

1. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 20: conserxe (cando teñan ó seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) do grupo IV terá lugar o día 13 (venres) de marzo de 1998 ás 11 horas no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10.30 horas.

2. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1998.

Jaime Morales Piñeiro

Presidente do tribunal