Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Xoves, 26 de febreiro de 1998 Páx. 1.983

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/9959/1997, interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Cea.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza tramítase o recurso 03/9959/1997, interposto pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Cea, contra a Resolución do 29-7-1997 pola que se sanciona o recorrente por infracción administrativa tipificada no artigo 411 do Regulamento de montes. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección terceira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 1998.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente