Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra, número 23, con data do 4 de febreiro do 1998, aparecen publicadas integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo de Administración xeral, polo sistema de promoción interna por concurso-oposición, incluída na oferta de emprego público para 1997.

Presentación de instancias: dirixidas ó alcalde-presidente do Concello de Salcedas de Caselas (Pontevedra), no rexistro xeral desta concello ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Prazo de presentación: vinte días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado o presente anuncio no BOE.

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no BOP de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do concello.

Salceda de Caselas, 10 de febreiro de 1998.

Demetrio Pereira Alonso

Alcalde Acctal.