Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 1998 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para subministración por lotes do material eléctrico e productos químicos con destino ás instalacións deportivas municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras.

b) Número doe expediente: S98/2.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: material eléctrico e productos químicos. b) División por lotes e número: si. c) Lugar de entrega: véxase punto 1. d) Prazo de entrega: efectuarase ó ritmo que esixan as necesidades municipais, e non poderá ser superior a dez días, a partir da data da petición.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos pesetas.

5. Garantía provisional: ver epígrafe 3 do cadro de características de cada un dos contratos pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará esta automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Enderezo: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador) para optar ó concurso para a subministración por lotes do material eléctrico e productos químicos con destino ás instalacións deportivas municipais».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de febreiro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado