Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Mércores, 25 de febreiro de 1998 Páx. 1.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 19 de febreiro de 1998 pola que se fixa un novo prazo para apertura dos sobres números 2 e 3 previsto no prego de bases administrativas e de condicións técnicas aprobado polo Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se regula o procedemento de contratación da xestión indirecta do Servicio de Radiofusión Sonora, de carácter comercial, en ondas métricas con modulación de frecuencia en determinadas localidades da Comunidade Autónoma.

Celebrado o acto de apertura das ofertas (sobre número 2: documentación técnica e económica, e sobre número 3: documentación complementaria) das empresas admitidas ó procedemento de contratación regulado polo Decreto 281/1997, do 9 de outubro, e de conformidade coa Orde do 20 de novembro de 1997 (DOG do 24 de novembro) de ampliación do prazo fixado no artigo 11 do prego-tipo de bases administrativas e de condicións técnicas, no devandito acto quedaron excluídas unha serie de empresas (acta do 12 de decembro) algunha das cales interpuxo contra o acordo da mesa de contratación, do 15 de decembro de 1997, recurso ordinario ante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Resoltos estes, co obxecto de salvagarda-los principios de publidade, concorrencia e obxectividade que debe presidi-lo procedemento de contratatación, sinálase un novo día para a apertura dos sobres 2 e 3 das empresas que resultaran admitidas.

Na súa virtude, de conformidade co establecido no artio 57.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por proposta do presidente da mesa de contratación, e facendo uso das facultades que me confire a disposición

derradeira primeira do devandito Decreto 281/1997, do 9 de outubro, esta consellería,

ACORDA:

Artigo único.-A apertura das ofertas das empresas que resultaran admitidas (sobre nº 2.-documentación técnica e económica e sobre nº 3.-documentación complementaria), terá lugar en acto público ás 9 horas na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, sita no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, no prazo de 3 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día fose inhábil ou sábado, terá lugar ó seguinte día hábil.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo