1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación de obras.
b) Número de expediente: O98/6.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas no Paseo de Ronda, Avda. de Gran Canaria e Almirante Lángara.
Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.
4. Orzamento base de licitación: 18.597.434 ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: 371.949 pesetas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que se presentará: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.
9. Apertura de proposicións:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de beirrarúas no Paseo de Ronda, Avda. de Gran Canaria e Almirante Lángara».
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 3 de febreiro de 1998.
O alcalde
P.D.
Rubricado