Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1998 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a contratación da redacción do proxecto das infraestructuras para a implantación da rede de cable no termo municipal da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: As98/1.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto das infraestructuras para a implantación da rede de cable no termo municipal da Coruña.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.983.244 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 99.665 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da redacción do proxecto das infraestructuras para a implantación da rede de cable no termo municipal da Coruña».

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado