Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, da notificación da resolución do expediente sancionador IF-8/1998. (Incendios Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución de dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo; Ronda da Muralla, 70, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

ANEXO

-Expediente: IF-8/1997.

Denunciado: La Decoración.

DNI: E-27148477.

Enderezo: Ronda da Muralla, 103-Lugo.

Feito denunciado: depositar lixo no monte (cartóns, botes de pintura, plásticos, etc.), susceptibles de

ser un posible foco de iniciación de incendio forestal.

Precepto infrinxido: artigo 136.j), 137.e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 15.000 ptas. de multa.

Lugo, 27 de xaneiro de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo