Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Martes, 24 de febreiro de 1998 Páx. 1.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de incendios forestais IF-89/1997 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, que con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE 13-2-1973), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 70.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

ANEXO

-Expediente: IF 89/1997.

Denunciado: Arturo Brea López.

DNI: 33.799.847.

Último enderezo coñecido: r/ Catasol, nº 15-2º-Lugo.

Feitos imputados: queimar lixo (caixas de cartón) a uns 60 m de distancia de árbores e vexetación, existindo perigo de incendio no caso de levantarse un pouco de vento, e non haber ningunha persoa atendendo a evolución do lume.

Precepto sancionador: artigo 137.b) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 15.000 ptas.

Lugo, 27 de xaneiro de 1998.

Fernando Rengifo Méndez-Núñez

Instructor do expediente