Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-300).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 18 de decembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o plan parcial sobre parte do S.U.N.P. B-21-R denominado Icaria II, en Pazo do Río, Liáns, tramitado pola comunidade de propietarios Icaria II. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas ofi

cinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 29 de xaneiro de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta