Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Luns, 23 de febreiro de 1998 Páx. 1.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-302).

Por Decreto da Alcaldía nº 6171/1997, do 19 de decembro, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización e reparto de cuotas de urbanización, no ámbito do P.A.-1 urbanización Bastiagueiro, en Bastiagueiro-Perillo. Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de urbanismo, de 9 a 13 horas tódolos días laborais, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de xaneiro de 1998.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde